A nosa cultura é froito da iniciativa e do talento de moitos galegos e galegas que diariamente contribúen á súa difusión e á mellora das creacións individuais e colectivas. Este esforzo e esta entrega merecen de todos nós un recoñecemento mediante o que transmitamos a gratitude pola súa achega.

As entidades culturais, as institucións galegas e os colectivos profesionais poden participar activamente nesta iniciativa que axude á difusión da cultura galega facendo chegar as candidaturas que estimen oportunas, que se unirán así as que formulen os membros do xurado.

Abrir ficha candidaturas